Coruña imposible |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Coruña imposible
Un pobre home encóntrase, sen saber por que, en calzóns no medio das rúas da Coruña. Tenta voltar á casa, pero non lle vai resultar fácil...

Palmarés: Bronze World Medal, categoría curtametraxe fantástica (The New York Festivals´96). Honorable Mention (New York EXPO Short film and Video, 1998). Mellor Fotografía, Mellor Montaxe, Mellor Interpretación Masculina (ex-aequo) e Mellor Curtametraxe nos Premios AGAPI 1995-96. Primeiro Premio categoría Cine no I Certamen de Cine e Vídeo Xove de Irún (1996). Mención Especial do Xurado na IV Semana de Xoves Realizadores de Granada (1997). Premio Especial Madrid Films no XII Festival Cinema Jove de Valencia (1997). Premio do Xurado á Mellor Curtametraxe no XXIX Festival de Cine do Atlántico de Cádiz (1997).Primeiro Premio categoría Cine no XXVI Festival de Cine e Vídeo Independente de Badalona (1997). Primeiro Premio categoría Cine (ex-aequo) no II Festival de Xoves Realizadores de Zaragoza (1997). Segundo Premio.VI Festival de Cine e Vídeo de Positano (Italia, 2004). En 2000 foi considerada polo CGAI como a mellor curta de ficción dos anos 90. Ademais da ducia de galardóns foi seleccionada en numerosos festivais estatais (Bilbao, Alcalá, Alfás del Pi, Almería, Elche) e internacionais (Londres, Bruselas, San Petersburgo, Siena, Annecy, Riga).

Ficha artística
Dirección: / Paco Rañal
Dirección fotografía: / Sergio Franco
Guionista: / Paco Rañal
Intérpretes: / Fely Manzano / Vicente Montoto / Isabel Vázquez / Roberto “Luna” Sánchez
Maquillaxe: / Raquel Fidalgo / Ana Muiño
Música: / Claudio Canedo
Perruquería: / Xurxo Sánchez Gómez
Produción: / Cheché Carmona / Amalia Mato / Fernando Pereira
Xefatura de son: / Claudio Canedo

 

Ficha técnica
Distribuidora / Biblos Clube de Lectores / Escola de Imaxe e Son da Coruña / La Voz de Galicia
Produtora / Escola de Imaxe e Son da Coruña
Sonorización, locución e dobraxe / Son do Tagalem SLU

Titulo orixinal: Coruña imposible
Tipo: Curtametraxe
Xénero: Comedia
Produción propia
Realizada en branco e negro
Duración: 12'
Orixe: Galicia
Ano: 1995

Galería de imaxes | VER AS 1 fotos de Coruña imposible

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org